Manualidades e contacontos, na Biblioteca Pública Municipal de Verín, para os alumnos do CEIP O Castiñeiro de Laza Imprimir
Martes, 10 Maio 2011 14:45

Mañá 11 de maio, os/as nenos/as do CEIP O Castiñeiro de Laza asistirán a sesións de manualidades e contacontos na Biblioteca Pública Municipal de Verín.

Un total de 24 alumnos/as de primaria deste centro escolar da vila acudirán a estas instalacións municipais para coñecer o servizo bibliotecario e funcionamento do mesmo; así como, as diferentes actividades educativas e lúdicas que se programan ao longo do ano. Todas elas destinadas a fomentar o interese pola lectura e cultura nos/as nenos/as do municipio, dinamizar a biblioteca e propiciar a labor de voluntariado entre os/as usuarios/as da mesma.

Esta visita constitúe a quinta destas características, organizada pola Biblioteca de Verín, xa que en ocasións anteriores acudiron os/as alumnos/as do Colexio Rural Agrupado de Monterrei, CEIP Princesa de España e Colexio María Inmaculada.

Por outra banda, as instalacións da biblioteca de Verín tamén acollerán mañá, a partir das 20 horas, a presentación do libro Absurdos Sentimentos, de Hilda Fernández Rodríguez, enmarcada dentro do programa de actividades de fomento da lectura.