A estrada de Laza contará con pasos de peóns sobreelevados Imprimir
Venres, 20 Maio 2011 13:32

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández Fernández de Rojas, remitiulle unha carta ao Concello de Verín na que se especifica que na estrada de Laza do municipio 'se executarán aqueles pasos de peóns sobreelevados que sexan precisos desde o punto de vista técnico e de seguridade viaria co máxima urxencia posible'.

Este anuncio realizouse tras o escrito presentada polo rexedor municipal, Juan Manuel Jiménez Morán, solicitando a instalación destes pasos de peóns elevados ao longo da estrada de Laza (OU-113), entre os puntos quilométricos 0.000 e 1.800, debido a gran velocidade que acadan os vehículos nesa travesía, na que faleceu un menor nas últimas semanas.

“Estamos moi satisfeitos pola rápida resposta por parte do titular de Medio Ambiente”, recoñece o alcalde, “que permitirá a redución de velocidade dos vehículos nesta travesía da vila e evitará accidentes como o acontecido a pasada Semana Santa”.