'II Paseo Vespa, Lambretta e Motos Clásicas' en Verín Imprimir
Mércores, 01 Xuño 2011 11:27

O vindeiro 4 de xuño, ás 16 horas, a localidade de Verín acollerá a realización do 'II Paseo Vespa, Lambretta e Motos Clásicas', no que colabora o Concello de Verín. A partir desa hora, nas prazas García Barbón e Maior concentraranse todos/as os/as interesados/as en participar na mesma para realizar a correspondente inscrición -de carácter gratuíto-.

Unha hora máis tarde comezará este particular paseo por diferentes vías e localidades de Verín e dos municipios de Monterrei e Castrelo do Val, como Pazos, Albarellos, Vilaza, Caldeliñas ou Pepín, entre outras.


Ao longo do percorrido, dunha hora e media de duración, efectuaranse tres paradas na Aldea Rural A Cortiña (Pepín), Café Real e rúa Montemaior (ambas en Verín). Ao finalizar cea para os/as participantes interesados/as.