Nova corporación municipal de Verín Imprimir
Luns, 13 Xuño 2011 12:37

O pasado sábado 11 de xuño tomou posesión a nova corporación municipal de Verín, conformada por dez concelleiros do Partido Popular, 4 do PSOE e tres do BNG.

Tras constituírse a mesa, presidida pola concelleira de maior idade, María Corona Meixeira Romasanta, e o máis novo, Diego Lorenzo Moura, constituíuse a corporación e, a continuación, elixiuse o alcalde, nunha votación a man alzada, obtendo o seguinte resultado: dez votos para Juan Manuel Jiménez Morán (PP), catro para Emilio González Afonso (PSdeG-PSOE) e tres para Perfecta Losada Sotelo (BNG). Ante este resultado, proclamouse como alcalde de Verín o candidato popular Juan Manuel Jiménez Morán.

Os integrantes da corporación municipal para esta nova lexislatura son:
- Juan Manuel Jiménez Morán (Alcalde)
- Enrique Díaz García (PP)
- María Luisa Valladares Rodríguez (PP)
- José Hilario Castro González (PP)
- María Luisa Salgado Carballo (PP)
- José Ramón Blanco Cid (PP)
- María Inmaculada Hervella Ramos (PP)
- Víctor Manuel Baladrón Lamas (PP)
- María Corona Meixeira Romasanta (PP)
- María de la Paloma Esteban Álvarez (PP)
- Emilio González Afonso (PSdeG-PSOE)
- José Agustín González-Ares Fernández (PSdeG-PSOE)
- Yolanda Losada Fernández (PSdeG-PSOE)
- Elías Taboada Nieves (PSdeG-PSOE)
- Perfecta Losada Sotelo (BNG)
- Óscar Núñez Álvarez (BNG)
- Diego Lorenzo Moura (BNG)