Convivencia dos voluntarios da Biblioteca de Verín Imprimir
Luns, 20 Xuño 2011 10:19

Durante o fin de semana do 25 e 26 de xuño, o persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín promove unha actividade de convivencia, destinada aos/ás voluntarios/as desta instalación.

A mesma efectuarase en Vilaza (Monterrei) e consistirá nunha acampada libre para todos/as estes/as mozos/as, con idades comprendidas entre os 11 e 16 anos, que durante o curso escolar participan na realización das actividades lúdico-culturais desenvolvidas na Biblioteca de Verín, e destinadas a nenos/as de 3 a 10 anos. Ademais estes/as voluntarios/as, ao longo da tempada estival, coordinarán a Bibliopiscina, colaborarán nos cursos de informática infantil realizados na Aula Multimedia de Cidades Dixitais e nas propias instalacións da Biblioteca.