A Biblioteca Pública Municipal de Verín nomeada 'Biblioteca Asociada' pola UNESCO Imprimir
Luns, 20 Xuño 2011 10:21

A Biblioteca Pública Municipal de Verín foi nomeada 'Unesco Network of Associated Libraries', é dicir, membro da Rede de Bibliotecas UNESCO, que certifica que a instalación municipal cumpre todos os principios de fomento da lectura, desenvolvemento da cultura, solidariedade-voluntariado e cooperación con distintas entidades, segundo indican as bases da Organización das Nacións Unidas para a Educación, Ciencia e Cultural, para a adhesión a esta Rede de Bibliotecas.

Para a consecución deste recoñecemento valorouse a iniciativa educativa de Fomento da Lectura e o traballo realizado polo/as nenos/as voluntarios/as, con idades comprendidas entre 11 e 16 anos, que efectúan unha labor eloxiable para a dinamización cultural e da instalación, fomento da lectura e impulso de valores sociais entre os/as rapaces/zas máis pequenos/as.

A tramitación deste recoñecemento realizouse a través da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID), o Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación e, directamente, coa UNESCO (Organización das Nacións Unidas para a Educación, Ciencia e Cultural) na súa sede de París. Así mesmo, contouse co apoio e colaboración de UNESCOCAT (Centro Unesco de Cataluña) que apoiou a nosa integración nesta rede de bibliotecas, desde o primeiro momento da presentación no proxecto de Fomento da Lectura e Voluntariado Cultural.