C. V. Albeitar, vencedor da Copa de Fútbol 7 - Veteranos Imprimir
Martes, 21 Xuño 2011 11:44

Clínica Veterinaria Albeitar proclamouse vencedor da Copa de Fútbol 7 – Veteranos, tras vencer por 1 a 0 ao equipo da Gasolinera Feces/Horto Verín/Baira Pousa, no partido disputado o pasado venres 17 de xuño no complexo deportivo A Granxa.

Ao finalizar este partido, os participantes deste torneo e da Liga de Fútbol 7- Veteranos  realizaron unha cena conxunta na que se repartiron os seguintes trofeos da tempada 2010-2011:

- Premio á constancia:  Antonio Rivero (Gasolinera Feces/Horto Verín/Baira Pousa).
- Xogador revelación: Pedro García (Frutas Verín).
- Xogador máis regular: Pachi Page (Restaurante Zapatillas-Caruso) e Juan José González ( Bar A Veiga-Diliven).
- Mellor adestrador: Linos Castro (Publipan-Bar Reigada)
- Mellor porteiro: Roberto Quintairos (Viana)
- Equipo máis deportivo: Gandainas
- Equipo revelación: Viana
- Equipo máis combativo: Granitos Tintores
- Equipo máis veterano: Geratón
- Premio á cobertura deportiva: Saudeter (páxina web) e Onda Cero (tertulias deportivas)

A clasificación da Liga de Fútbol 7- Veteranos (maiores de 30 anos), desenvolvida  desde a segunda quincena de outubro ata o mes de xuño, foi: Clínica Veterinaria Albeitar (1º), Restaurante Zapatillas-Caruso (2º), Vilela (3º), Meigallo-Canasta (4º), Gasolinera Feces/Horto Verín/Baira Pousa (5º), Geratón (6º), Viana (7º), Granitos Tintores (8º), Frutas Verín (9º), Publipan-Bar Reigada (10º), Villaza (11º), Pub Gandainas (12º), Veteranos Verín-Panadería Lolo (13º), Bar A Veiga-Diliven (14º) e Os Kalaveras (15º).