Acollida de dous nenos saharauís en Verín baixo o programa 'Vacacións en Paz' Imprimir
Martes, 02 Agosto 2011 13:15

A sala de reunións do Concello de Verín acolleu a benvida de dous nenos saharauís participantes no programa 'Vacacións en Paz', presidida polo alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, a concelleira de Cultura e Igualdade, María Corona Meixeira Romasanta, e a concelleira de Asuntos Sociais, María Inmaculada Hervella Ramos.


Estes dous menores saharauis estarán ata o 1 de setembro con dúas familias verinenses, constituíndo este o cuarto ano que pasan o verán na localidade, e sendo o oitavo ano que o Concello de Verín participa no programa 'Vacacións en Paz'. “Trátase dun compromiso acadado polas familias para que uns menores formen parte da mesma durante estes meses”, subliñou Meixeira Romasanta. Durante xullo e agosto, participarán en diversas actividades lúdicas, deportivos e culturais como campamentos, entre outras.