III Campionato de Fútbol 3 x 3 en Verín Imprimir
Martes, 02 Agosto 2011 13:17

Do 8 ao 12 de agosto, a praza García Barbón de Verín acollerá a terceira edición do Campionato de Fútbol 3 x 3, organizado pola área de Mocidade, Deporte e Festexos do Concello de Verín, coa colaboración de Espina & Delfín.

Esta iniciativa, realizada baixo o lema ‘Deporte na Rúa’, está conformada por dúas categorías:
- Nados/as entre 2000 e 2001.
- Nados/as desde o 2002 ata o 2005.

Ata o día 5 de agosto, ás 13.30 horas, permanecerá aberto o prazo de inscrición para participar nesta actividade, que deberá realizarse no Pavillón Municipal de Deportes ou no Complexo Deportivo A Granxa.