Programa de áreas de rehabilitación integral do Plan de Vivenda e Rehabilitación 2009-2012 Imprimir
Xoves, 11 Agosto 2011 12:52

Desde a Oficina de Rehabilitación do Casco Antigo de Verín infórmase da publicación da orde pola que se convoca á participación con actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas no ámbito dos Camiños de Santiago (1ª Fase). Programas de áreas de rehabilitación integral do Plan de Vivenda e Rehabilitación 2009-2012.

O obxecto proceder á convocatoria dunha primeira fase de actuacións de rehabilitación de vivendas, promovidas por persoas físicas ou comunidades de propietarios, en execución do acordo asinado entre o Ministerio de Fomento e o Instituto Galego da Vivenda e Solo da Xunta de Galicia  (IGVS). Esta convocatoria encádrase dentro da programación que o IGVS prevé para o Plan de Vivenda e Rehabilitación 2009-2012, programa-obxectivos 2010, concretándose esta convocatoria para 573 actuacións en número de vivendas que se van rehabilitar, susceptibles de ampliación de permitilo os recursos que aquí se autorizan..

Poderán participar nesta convocatoria as persoas físicas individualmente ou colectivamente a través dunha comunidade de propietarios, que pretendan facer rehabilitacións en vivendas e edificios de vivendas que estean situadas/os no ámbito da Área de Rehabilitación Integral dos Camiños de Santiago como o Camiño da Plata I: desde A Mezquita ou Verín ata Ourense (que inclúe as parroquias de: A Rasela, Ábedes, Cabreiroá, Feces de Abaixo, Mandín, Mourazos, Pazos, Queirugás, Tamagos e Tamaguelos; así como o trazado do camiño en Verín -excepto o centro urbano, casco antigo e barrio de San Lázaro de Verín xa que existen unhas axudas específicas para devanditas zonas-).

O prazo para a presentación destas solicitudes remata o 01 de decembro de 2011.   

Para máis información e tramitación, de forma gratuíta, deben dirixirse á Oficina de Rehabilitación do Casco Antigo, situada no edificio da Praza de Abastos, ou no teléfono 988-410597.