Educamóbil en Verín Imprimir
Luns, 22 Agosto 2011 12:52

Mañá 23 de agosto, de 9 a 13 horas, o autobús Educamóbil desprazarase ata Verín, para ofertar actividades lúdico e educativas a nenos/as con idades comprendidas entre os 4 e 11 anos.

Este autobús instalarase na rúa Irmáns Moreno, fronte ao Pavillón Municipal de Deportes de Verín, e no seu interior os/as menores poderán participar en iniciativas de lectura e música, xogos educativos e informática. O tempo máximo por neno/a é de dous horas e aforo máximo é de 20 nenos.

Este servizo gratuíto, ofertado pola Fundación Seur e a Deputación Provincial de Ourense, xa percorreu con anterioridade diferentes puntos da provincia para ofrecer alternativas de lecer e formación aos/ás máis pequenos/as do rural ourensán e converterse nunha iniciativa para conciliar a vida familiar e laboral dos pais e nais, sobre todo nas xornadas de feira.