Cursos de alfabetización dixital na Aula CeMIT do Concello de Verín Imprimir
Martes, 23 Agosto 2011 11:25

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Verín celebrará, do 22 de agosto ao 1 de outubro, distintos cursos de alfabetización dixital adaptados ás necesidades dos usuarios/as.


Con esta actividade preténdese dotar aos usuarios/as dos coñecementos necesarios para o uso das novas tecnoloxías. O horario destas actividades será tanto pola mañá como pola tarde, así como en horario especial de 20 a 22 horas para persoas traballadoras.

A iniciativa da  Rede CeMIT da Xunta de Galicia é unha das estratexias fundamentais para o desenvolvemento das iniciativas de difusión e achegamento dos cidadáns as  Novas Tecnoloxías e a sociedade da información. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.

Para máis información e inscrición, poden dirixirse a Aula CeMIT e Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín (Avda. de Portugal, nº11), chamar ao teléfono 988 41 47 76 ou enviar un correo electrónico ao enderezo: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo