Máis de 3.000 persoas visitan o stand de Portas de Galicia na Volta Ciclista a España Imprimir
Venres, 26 Agosto 2011 12:36

Na primeira semana da Volta Ciclista a España xa foron máis de 3.000 persoas as que visitaron o stand promocional da Asociación de concellos das comarcas Monterrei e Conso Frieiras para o plan de competitividade turística e a Asociación de Empresarios de Turismo e Hostalería Portas de Galicia.

Devandito stand promocional está conformado polos produtos gastronómicos máis significativos dos municipios integrantes neste Plan de Competitividade: augas de Cabreiroá, Sousas e Fontenova, viños da Denominación de Orixe Monterrei, pemento de Oímbra, castaña de Galicia, androlla, tenreira ecolóxica e Torta do Cigarrón, entre outros. Ademais, no mesmo tamén se reparten folletos promocionais de todos os municipios integrados nesta asociación (Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín, Vilardevós, A Gudiña, A Mezquita, Viana do Bolo e Vilariño de Conso), e do propio Plan de Competitividade 'Portas de Galicia'. Este plan, desenvolvido pola S.X. de Turismo do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, Secretaría Xeral para o Turismo da Xunta de Galicia e os concellos anteriores, ten como obxectivos principais a consecución da especialización tanto no destino como no produto, deseñar unha oferta capaz de introducir a experiencia turística como elemento motivador do viaxe, así como a busca da mellora da competitividade das PEMES e MPEMES turísticas para lograr a sostenibilidade do territorio.

Este stand promocional conta cunha zona mixta, de degustación e promoción, converténdose en punto de encontro para invitados e visitantes, que teñen a oportunidade de degustar produtos exclusivos desta zona ourensana e recibir información sobre os recursos turísticos, naturais, termais e patrimoniais existentes da mesma. O stand estará presente en todas as etapas da Volta Ciclista a España, que ten lugar do 20 de agosto (Benidorm) ao 11 de setembro (Madrid), e que o vindeiro 31 de agosto terá como sede de inicio de etapa a localidade de Verín.