Novos cursos de alfabetización dixital na Aula CeMIT de Verín Imprimir
Mércores, 07 Setembro 2011 10:31

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Verín iniciará, a partir da vindeira semana, novos cursos de alfabetización dixital e outros de carácter específico -utilización de equipamentos electrónicos, cámaras dixitais, unidades extraíbles ou equipamentos para videoconferencias-.

Esta iniciativa ten como obxectivo dotar aos usuarios/as dos coñecementos necesarios para o uso das novas tecnoloxías. Por este motivo, todos os cursos están adaptados as necesidades e dispoñibilidade horaria dos/as participantes nos mesmos.

O proxecto da Rede CeMIT en Verín, iniciado o pasado mes de maio, conta cun aula multimedia con máis de 100 usuario. Esta iniciativa  unha das estratexias fundamentais para o desenvolvemento das iniciativas de difusión e achegamento dos cidadáns as  Novas Tecnoloxías e a sociedade da información. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.

Para máis información e inscrición, poden dirixirse a Aula CeMIT e Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín (Avda. de Portugal, nº11), chamar ao teléfono 988 41 47 76 ou enviar un correo electrónico ao enderezo: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo