Modificación do Contacontos do Samhain na Biblioteca Pública Municipal |
|
Martes, 25 Outubro 2011 12:35 |
As actividades de manualidade e contacontos da Biblioteca Pública Municipal de Verín, con motivo da celebración do 'Samhain', terá lugar o vindeiro venres 28 de outubro, en vez do día 31, xa que non é lectivo nos centros educativos.
Esta actividade, que terá lugar de 18 a 19.30 horas, está destinada a nenos/as de 3 a 10 anos, que poden acudir disfrazados/as. A mesma consistirá na realización de contacontos de Samhain, medo, meigallos e feitizos, e manualidades relacionadas con esta efeméride.
Devandita iniciativa, enmarcada dentro do programa de actuacións destinadas ao fomento da lectura, está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da Biblioteca, e para participar é necesario inscribirse nas instalacións municipais ou no teléfono 988-414776. |