'O abZOOdario ' na Biblioteca de Verín Imprimir
Luns, 16 Xaneiro 2012 12:32

O vindeiro venres 20 de xaneiro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa 'O abZOOdario', no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.


A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos. Consistirá na realización de contacontos sobre historias de inverno, animais, coincidindo coa semana na que se celebra San Antón, así como de manualidades coordinadas por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.

Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca http://av.centromultimedia.net/microsite/verin/biblioteca/galego/index.htm, como no perfil da mesma en Facebook http://www.facebook.com/pages/Biblioteca-Publica-Municipal-de-Verin/104133986331021?=wall