Contos do Entroido, Manualidades e Maquillaxe Infantil' na Biblioteca de Verín Imprimir
Luns, 06 Febreiro 2012 14:16

Os días 10 e 15 de febreiro, a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín organiza un obradoiro de ‘Contos de Entroido, Manualidades e Maquillaxe Infantil’, dentro do ciclo de actividades programas para o Entroido 2012 e destinada a fomentar a lectura entre os/as nenos/as do municipio.

Este venres 10 de febreiro, de 18 a 19.30 horas, as actividades se centrarán nunha temática Entroideira coa realización de contacontos e dunha máscara de cigarrón en cartolina. Mentres que o mércores 15 de febreiro, á mesma hora, terá lugar un obradoiro de maquillaxe infantil, por cuarto ano consecutivo, e outro de globloflexia, que tamén se centran no ciclo do Entroido de Verín.

Esta iniciativa está destinada a nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos, e será coordinada por voluntarios/as da Biblioteca. Para participar en devandita iniciativa, 20 nenos/as para o 10 de febreiro e 30 menores o 15 de febreiro, é necesario inscribirse na Biblioteca Pública Municipal de Verín ou no teléfono 988-414776 -así como indicar si os/as nenos/as posúen algún problema dermatolóxico que lle impida participar no obradoiro de maquillaxe infantil-.

Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca http://av.centromultimedia.net/microsite/verin/biblioteca/galego/index.htm, como no perfil da mesma en Facebook http://www.facebook.com/pages/Biblioteca-Publica-Municipal-de-Verin/104133986331021?=wall