4º Torneo de Fútbol Sala Inter-Freguesias/Pobos Eurocidade Chaves-Verín Imprimir
Xoves, 09 Febreiro 2012 13:21

A Eurocidade Chaves-Verín organiza, entre os meses de marzo e xuño, a cuarta edición do “Torneo de Fútbol Sala Inter-Freguesias/Pobos Eurocidade Chaves-Verín”.

Este torneo ten como obxectivos principais ocupar o tempo de lecer dos eurocidadáns de modo saudable, promover o intercambio e a convivencia deportiva entre as diferentes parroquias dos municipios de Verín e Chaves,  e dinamizar as instalacións deportivas existentes.

A actividade está dirixida a todas as xuntas de Freguesias de Chaves e localidades de Verín, que poderán participar cun único equipo, conformado por individuos de ambos sexos. Os partidos terán lugar nos polideportivos da Eurocidade ata a clasificación dos vencedores de cada serie, que pasarán aos oitavos/cuartos de final. A partir desta fase, os xogos terán lugar no Pavillón Municipal de Chaves e/ou Pavillón Municipal de Verín.

Os equipos de Chaves e Verín, interesados en participar na competición, deberán inscribirse ata o vindeiro 2 de marzo no Centro Cultural de Chaves ou no Gabinete de Apoio Técnico da Eurocidade situado na casa consistorial de Verín.

A Eurocidade Chaves-Verín é un proxecto de cooperación transfronteiriza aprobado no ámbito do Programa de Cooperación Transfronteiriza  España-Portugal (POCTEP), coa participación financeira da Unión Europea (co-financiamento FEDER).