Globoflexia e Maquillaxe Infantil na Biblioteca de Verín Imprimir
Luns, 13 Febreiro 2012 13:56

O vindeiro mércores 15 de febreiro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín promove un obradoiro de maquillaxe infantil e globoflexia, no marco da programación de actuacións de fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.

A mesma está destinada a un máximo de 30 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos, e será coordinada por voluntarios/as da Biblioteca. Consistirá na realización destes obradoiros, globoflexia e maquillaxe infantil, dentro do ciclo das actividades organizadas pola Biblioteca de Verín con motivo do Entroido, que tamén incluíu un contacontos e a elaboración dunha máscara de cigarrón en cartolina.

Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca http://av.centromultimedia.net/microsite/verin/biblioteca/galego/index.htm, como no perfil da mesma en Facebook http://www.facebook.com/pages/Biblioteca-Publica-Municipal-de-Verin/104133986331021?=wall

Por outra banda, mañá 14 de febreiro mata o prazo de inscrición das comparsas e carrozas interesadas en participar nos desfiles do Domingo e Martes de Entroido, que se debe realizar na Casa do Escudo (de luns a sábado, das 10 ás 14 horas e das 16.30 ás 20.30 horas). Os datos que deben facilitar á hora da inscrición son os seguintes: nome da persoa que inscribe, teléfono de contacto, se é carroza ou comparsa, número de compoñentes e se levan música ou non.