Os alumnos CEIP de Oímbra visitan a Biblioteca de Verín Imprimir
Xoves, 08 Marzo 2012 14:56

Na xornada de hoxe corenta alumnos/as de primaria do CEIP de Oímbra visitaron a Biblioteca Pública Municipal de Verín, dentro do programa de actividades organizadas ao longo do curso escolar por esta instalación.

Durante a mesma coñeceron o servizo bibliotecario e funcionamento do mesmo -que inclúe tamén explicación de todos os espazos físicos-; así como, as diferentes actividades educativas e lúdicas que se programan ao longo do ano. Ademais, os/as menores con idades comprendidas entre 3 e 7 anos participaron nunha actividade de contacontos e manualidades infantís; mentres que os/as maiores  aproveitarán esta visita para realizar un traballo sobre o Día Internacional das Mulleres. Todas estas actuacións están destinadas a fomentar o interese pola lectura e cultura nos/as nenos/as, dinamizar a biblioteca e propiciar a labor de voluntariado entre os/as usuarios/as da mesma.

Esta visita constitúe a sétima destas características, organizada pola Biblioteca de Verín nos últimos catro anos, xa que en ocasións anteriores acudiron os/as alumnos/as do Colexio Rural Agrupado de Monterrei, CEIP O Castiñeiro de Laza, CEIP Princesa de España e Colexio María Inmaculada.

Por outra banda, os responsables da Biblioteca Pública Municipal de Verín acudirán á entrega do 13º Premio Libreiro Cultural, que recaeu na Librería Taiga de Toledo, e en cuxo concurso organizado Confederación Española de Gremios e Asociacións de Libreiros  participou como xurado no mes de novembro.