Concurso de Gastronomía 'Cigarrón de Verín' Imprimir
Sábado, 24 Marzo 2012 18:28

O Pavillón de Deportes de Verín acolleu a quinta edición do Concurso de Gastronomía 'Cigarrón de Verín', englobado dentro da Feira do Lázaro e o Certame Gastronómico 'Vila de Verín', e no que participaron dezaoito concursantes -a maioría competindo por parellas- pertencentes a diferentes restaurantes, escolas de hostalería de Ourense e Chaves (Portugal) e a Asociación de Empresarios de Hostalería da Comarca de Monterrei (AECOM).


Tras elaborar os pratos, prato principal ou sobremesa, en show cooking -cociña en vivo- e maridalos con viño da D.O. Monterrei durante a presentación; o xurado conformado por  Juan Manuel Crujeiras -do restaurante “A Estación' de Cambre, que conta cunha estrela da Guía Michelín-, Alberto Otero -director do IES Vilamarín-, Susana Reis -Direção Pedagógica da Escola Profissional de Chaves (Portugal)- e Carlos Parra -premio D.O. Monterrei 2011 e xerente do restaurante da estación de Baños de Molgas-,  tomou a seguinte decisión:

- “Gran Cigarrón” (na categoría de prato principal e cun valor de 400 euros, patrocinado por Concello de Verín): “Cabrito a baixa temperatura”, de Román Dacosta Fernández e María del Carmen Martínez del Río (Asociación de Empresarios de Hostalería da Comarca de Monterrei -AECOM-).
- “Cigarrón Doce” (na de sobremesas, e cuxo valor ascende aos 200 euros, patrocinado por AEVER): “Torrada de pan sobre crema de arroz con leite e froitos vermellos”, de Asunción Rodríguez Zarraquiños (Adega Crego e Monaguillo).
- “Denominación Orixe Monterrei” (ao mellor maridaxe, dotado con 300 euros, apadriñado pola D.O. Monterrei): “Ensalada morna de bacallau, espinacas, améndoas tenras, champións e moega de cordeiro glaseada”, de Juan Manuel Muñoz Vázquez (Hotel Restaurante Ateneo).

Este evento está organizado polo Concello de Verín e patrocinado por: Eurocidade Chaves-Verín, Inorde, Deputación Provincial, Xunta de Galicia, Gadis, Cabreiroá, Construcciones  Hnos. Carrajo, D.O. Monterrei, Saroni, Socitransa, Pirotecnia Xaraiva, La Caixa, Caja Rural de Zamora, Sousas, Estradas Galegas SL, Espina & Delfín, Losada Rotulación, Aopil SL, Esinor, AEVER e AECOM.