I Torneo de Tenis Semana Santa de Verín Imprimir
Mércores, 11 Abril 2012 13:20

Do 2 ao 7 de abril, o complexo deportivo de A Granxa acolleu a celebración da primeira edición do Torneo de Tenis de Semana Santa de Verín, organizada pola área de Deportes do Concello de Verín, Eurocidade Chaves-Verín e os proxenitores dos 21 menores participantes.

Este torneo dividiuse en tres categorías: cadete, infantil e alevín (cada unha a súa vez dividida en dos grupos, e nas que se clasificaron os dous primeiros de cada grupo). Na xornada do sábado tiveron lugar as semifinais e as finais nas tres categorías, obtendo os seguintes resultados:
- Alevín: Pablo Vega Dosantos 9 – 1 Brais García Vaz
- Infantil: Alejandro González Sánchez 4 – 9 Álvaro Ferreira Domínguez
- Cadete: Álvaro Ferreira Domínguez – Pablo José Calvo (venceu o primeiro por 3-6, 6-1 e 7-5)

Neste torneo, no que tamén colaboraron Deportes Vega, Cárnicas Regueiro e Panadería Roscas, participaron os seguinte nenos/as:
- Categoría cadete: Pablo José Calvo, Roi Gómez García, Alejandro González Sánchez, Íñigo Rolán Taboada, Alberto Santamarina Nogueiras, Pablo Vaamonde Franco e  Álvaro Ferreira Domínguez.
- Categoría infantil: Pablo Vega Dosantos, Álvaro Ferreira Domínguez, Ana Regueiro González, Maika Rodríguez Rojas, Miguel Alves Blanch, Rodrigo Morais Reis, Alejandro González Sánchez, Ana Torres Moreno, Marta Cid Nieto, Aarón Rúa González e Nicolau Iglesias Vázquez.
- Categoría alevín: Pablo Vega Dosantos, Miguel Lorenzo Peral, Miguel José Calvo, María Vega Pazos, Nuria Salgado Méndez e Brais García Vaz.