Novos cursos de informática na Aula CeMIT de Verín Imprimir
Luns, 16 Abril 2012 13:48

A aula Multimedia do Concello de Verín programa novos cursos de informática durante este mes de abril, que terán lugar na Aula CeMIT da Casa da Xuventude de Verín.

A temática destes cursos é: iniciación á informática e Internet, comunicación en tempo real a través de Internet, elaboración de presentacións, creación dun blog, redes sociais e búsqueda de emprego na rede.

Dende o comezo das actividades da Aula CeMIT, no mes de maio do ano 2011, impartíronse un total de 30 cursos, tanto de alfabetización dixital ( alfabetización dixital básica, ocio e internet, operacións a través de internet ou ofimática, entre outros) como de mellora continua dos usuarios (capacitación espercializada), así mesmo o total de usuarios/as rexistrados en cursos neste momento é de 110.

Estes cursos levaranse a cabo durante todo o ano, cunha duración de aproximadamente tres semanas cada un deles, así mesmo o horario é de mañá (10.30 a 12.00 horas), tarde (16.00 a 20.00 horas), e horario especial para traballadores/as de 20.00 a 22.00 horas, axustándose as necesidades dos/as distintos/as usuarios/as. Cada usuario/a poderá inscribirse nos distintos cursos de acordo co seu nivel de coñecemento informático, así como en calquera dos horarios disponibles.

Para máis información dirixirse a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín, situada na Avenida de Portugal, nº 11, no teléfono 988-414776 ou no mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo