Contocontos e manualidades no Día do Libro en Verín Imprimir
Mércores, 18 Abril 2012 12:20

O luns 23 de abril, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín organiza unha iniciativa de contacontos e manualidades relacionadas co Día do Libro, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.

A mesma está destinada a un máximo de 25 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos. Consistirá na realización de contos clásicos e actuais, e manualidades como un marcapáxinas de libro ou un dragón, por parte de nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoa da Biblioteca Pública Municipal de Verín.

Para participar na mesma é necesario inscribirse nas instalacións da propia biblioteca ou no teléfono 988-414776.

Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca http://av.centromultimedia.net/microsite/verin/biblioteca/galego/index.htm, como no perfil da mesma en Facebook http://www.facebook.com/pages/Biblioteca-Publica-Municipal-de-Verin/104133986331021?v=wall