Entrega dos premios do concurso 'Debuxos para o cartel do Día do Libro' en Verín Imprimir
Luns, 23 Abril 2012 13:06

Os concelleiros da área de Cultura e Mocidade, Corona Meixeira e Víctor Baladrón, acompañados de representantes das oito librerías verinenses entregaron, esta mañá, os premios do concurso 'Debuxos para o cartel do Día do Libro' que recaeron en Antía Benbibre Gómez (ganadora de  ESO), Alfonso Salgado González (vencedor en Primaria) e Pablo Rivera Salgado (Mención).

Este concurso estaba destinado a nenos/as e mozos/as da comarca de Verín ou do municipio de Chaves -de infantil, primaria e secundaria-, que podían participar cun máximo dun traballo, no que a temática do debuxo era libre pero tiña que aparecer o libro como protagonista, xa que o obxectivo do mesmo consistía en promocionar o Día do Libro.

O xurado estivo conformado por un membro de cada librería, podendo delegar entre eles mesmos -Librería AZ, Librería Rincón del Libro, Librería Cortés, Librería Dixital, Librería Monterrei, Librería Pica-Pica, Librería Dasairas, Librería Papiro, Librería O Xardín-; e o premio ao único gañador/a, da súa categoría correspondente, consistirá nun lote de 3 libros, adaptados a idade do gañador, cada libro aportado por cada unha das librerías citadas con anterioridade.

Os premios deste concurso foron entregado no stand situado fronte ás instalacións da Biblioteca de Verín, no que tamén se oferta información sobre todas as novidades do mundo editorial e das librerías-imprentas de Verín, nas que se realizará, do 23 ao 29 de abril, un desconto do 10% nos libros, previamente recollido nas instalacións da Biblioteca de Verín.

Tamén esta mañá inaugurouse, nas instalacións da biblioteca, unha exposición conformada por todos os debuxos que participaron no concurso de 'Debuxos para o cartel do Día do Libro', ao que se presentaron un total de 162 nenos/as. Esta exposición estará aberta ata o 5 de maio no horario da propia instalación: 10 a 13.30 e 16 a 20.30 horas (de luns a venres) e de 11.30 a 13.30 horas (sábado).