A Ruta do Viño Monterrei celebra unha Xornada de Portas Abertas Imprimir
Martes, 08 Maio 2012 13:50

O sábado día 26 a Ruta do Viño Monterrei, en colaboración con Turgalicia e a Oficina de información turística do Concello de Verín, organizará unha Xornada de Portas Abertas na que participasen 11 adegas, que ofrecerán unha visita guiada acompañada dunha degustación de viño de Monterrei totalmente gratuíta.


Tamén participarán nesta xornada 4 restaurantes que ofrecerán un menú especial de dous pratos e sobremesa regados con viños da denominación de orixe Monterrei cun prezo final de 25 euros, existindo tamén uns menús infantís para nenos menores de 12 anos que acompañen aos adultos por un prezo de 10 euros. Ás adegas participantes na iniciativa son: Abeledos, Boo-Rivero, Chicheno, Crego e Monaguillo, Gargalo, Ladairo, Pazo de Valdeconde, Tapias-Mariñán, Vía Arxéntea, Vinos Lara, Quinta do Buble; mentres que os restaurantes son Gallego, Lugano, Brasil e Mesón O Candil.

A Ruta do Vino Monterrei encóntrase situada no sueste da provincia de Ourense, lindando coa fronteira de Portugal. Os seus viñedos aparecen estructurados en dúas subzonas perfectamente delimitadas pola súa orografía: o val de Monterrei e a aba de Monterrei. Nesta bisbarra encontraremos adegas que coroan espectaculares miradoiros na montaña e outras aos pés do val. Terra limítrofe con Portugal, na que a historia fronteiriza nos deixa como legado a impresionante fortaleza de Monterrei.

A Oficina de información turística do Concello de Verín ofrece visitas guiadas para grupos a partir de 20 persoas, logo de reserva na devandita oficina ata o día 21 de maio  (Teléfono: 988 411 614 // Fax: 988 411 900 – Mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo )