Verín colabora coa iniciativa ALACO para axudar a Juanma Imprimir
Venres, 22 Agosto 2008 12:19
Juanma é un neno de Almería de catro anos, afectado pola enfermidade chamada “Síndrome de Alexander” -unha das chamadas enfermidades raras-. Co obxectivo de recadar fondos para a investigación do tratamento de devandita enfermidade, José Miguel Cabrera está dedicando o seu mes de vacacións á causa: “Soy Juanma, quiero vivir”, facendo a ruta ALACO (Almería-A Coruña) e percorrendo numerosos concellos para dar a coñecer o problema de Juanma e que todo o que queira poida colaborar.
Dende o Concello de Verín respondese á proposta de apoio e colaboración a través de dúas actuacións: colocación dunha hucha para efectuar doazóns -colocada na recepción da casa consistorial- e o sorteo de dous reloxos -cabaleiro e señora-. No último caso, as persoas interesadas en colaborar deberán dirixirse á Casa da Xuventude (Avda. de Portugal) onde estará instalada unha mesa con voluntarios de Cruz Vermella, en horario de 9 a 14 desde o luns 25 ata o venres 29 de agosto; o custo de participación para o sorteo será de 2 € e o número gañador dos mesmos coincidirá coas dúas últimas cifras do sorteo da ONCE do 31 de agosto. A entrega do premio terá lugar o día seguinte, 1 de setembro, coincidindo coa chegada de José Miguel Cabrera o noso municipio.