Día das Letras Galegas na Biblioteca Pública Municipal de Verín Imprimir
Venres, 11 Maio 2012 16:37

O mércores 16 de maio, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín organiza actividades lúdico-culturais con motivo do Día das Letras Galegas, adicado este ano a Valentín Paz-Andrade.


Esta iniciativa, enmarcada dentro da programación de actuacións para o fomento da lectura, está destinada a 20 nenos/as con idades comprendidas entre os 3 e 8 anos, e na mesma realizaranse contacontos e manualidades, coordinados nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.

Para participar na mesma é necesario inscribirse nas instalacións da propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca http://av.centromultimedia.net/microsite/verin/biblioteca/galego/index.htm, como no perfil da mesma en Facebook http://www.facebook.com/pages/Biblioteca-Publica-Municipal-de-Verin/104133986331021?v=wall