Transporte gratuíto para a película 'Vilamor' de Ignacio Vilar Imprimir
Sábado, 12 Maio 2012 11:17

O próximo domingo 20 de maio, e co obxecto de seguir promocionando a película 'Vilamor' de Ignacio Vilar, sairán autobuses gratuítos desde Riós e Verín para os/as interesados/as en asistir a proxección do filme en Ourense.

A saída terá lugar ás 15 horas, da praza do Concello de Riós, e ás 15.45 desde a praza consistorial de Verín. Todos/as interesados/as en acudir a proxección desta película, protagonizada por Rubén Riós, Sabela Arán e Xoel Yáñez, deben formalizar a súa inscrición previa no 986-189496, 625-181944, 636-211596, ou 675-896410.