Charla sobre Valentín Paz-Andrade na Casa da Cultura Imprimir
Martes, 15 Maio 2012 11:18

A Casa da Cultura de Verín mañá mércores, ás 19 horas, o acto Valentín Paz-Andrade: Investigación aberta, charla e coloquio con Xan Carballa sobre o autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. O acto está organizado polo Concello de Verín coa colaboración da Editorial Galaxia.

Xan Carballa é xornalista e ensaísta, e  autor, entre outras, das obras Valentín Paz-Andrade. Antoloxía  e Biografía de Valentín Paz-Andrade.

O obxectivo desta charla-conferencia é achegarlle á veciñanza interesada a figura e a obra dun autor que viviu algúns meses en Verín, expoñendo os aspectos biográficos máis relevantes e a importancia e características fundamentais da súa obra.