Acordo da comisión bilateral relativa a área de Rehabilitación do casco Histórico de Verín, no marco co Plan Estatal de vivenda e rehabilitación 2009-2012 Imprimir
Luns, 21 Maio 2012 13:50

O alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, asinou coa ministra de Fomento, Ana Pastor, e o presidente do IGVS e conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, Agustín Hernández, o acordo relativo á área de rehabilitación integral do casco histórico de Verín, 7ª Fase-Período 2011, no marco do R.D. 2066/2008, de 12 de decembro, polo que se regula o Plan Estatal de Vivenda e Rehabilitación 2009-2012.

Nas áreas de rehabilitación integral, nas que se inclúen o casco histórico e barrio de San Lázaro de Verín,  programouse actuar na rehabilitación de 20 vivendas, co obxecto de executar obras de recuperación de elementos comúns dos edificios, fachadas, medianeiras, cubertas e outros elementos, así como outras de adecuación de habitabilidade das vivendas -o custo total destas actuacións avalíase en 360.000 €-. Ademais realizaranse actuacións de infraestrutura e urbanización que afectan ao entorno que nos ocupa -a inversión prevista para este tipo de actuacións establécese en 100.000 €-, é dicir, que o custo total das actuacións establecese en 583.982,49 €.

O obxecto da financiamento das actuacións previstas nesta área é o de potenciar o uso residencial, asegurando a diversidade social, e o realoxamento, no seu caso, da poboación residente, axustándose a normativa do planeamento urbanístico vixente aplicación disposicións sobre eliminación de áreas arquitectónicas, e promoción da accesibilidade, así como a mellora da eficiencia enerxética dos edificios.

Estes acordos, que forman parte do Plan Estatal de Vivenda e Rehabilitación 2009-2012, están destinados a facilitar o acceso a unha vivenda ou rehabilitación da que posúen as familias de Verín e son xestionados dende a Oficina de Rehabilitación do casco antigo do municipio.  Grazas a outros convenios similares, asinados en anos anteriores polo Ministerio de Fomento, Xunta de Galicia e o propio Concello efectuáronse numerosas rehabilitacións e restauracións de vivendas e edificios.

A declaración de área de rehabilitación desta zona de Verín no ano 2006 posibilita que os propietarios de vivendas situadas na devandita zona póidanse acoller ás axudas previstas para ARI do Plan de Vivenda -un programa dirixido a  recuperación da zona antiga coa rehabilitación dos seus edificios e vivendas, así como a superación de situacións de infravivenda ou de intervención de urbanización nos seus espazos públicos-.

As axudas de áreas de rehabilitación para propietarios/ás de vivendas consisten en subvencións a fondo perdido de ata o 75% de presuposto protexido, cun límite de 10.000 € por vivenda, en caso de áreas de rehabilitación integral como é o caso de Verín. Poden solicitar as axudas os/as propietarios/as de vivendas con máis de 10 anos de antigüidade, que despois da rehabilitación as destinen a residencia habitual e permanente durante un período mínimo de cinco anos -tamén se poden destinar a aluguer durante ese mesmo período-. Nos casos de áreas de conxuntos como en Verín, as axudas son compatibles con axudas de rehabilitación en conxuntos históricos que financia en exclusiva a Xunta de Galicia.

Estas axudas de rehabilitación en conxuntos históricos alcanzan un límite de 6.600 ou 8.600 euros, segundo o tipo de obras realizadas -sumadas as axudas da área de rehabilitación e de conxuntos históricos poden alcanzar o 75% do presuposto como máximo-.

Por outro lado, o Concello de Verín pode acceder a subvencións para a realización de obras de urbanización no ámbito da área de rehabilitación. Nesta área, emprazada en conxuntos históricos, esta subvención pode alcanzar o 40% do presuposto das obras.

A Oficina de Rehabilitación do casco antigo de Verín, situada na antiga praza de abastos, entrou en funcionamento en outubro do 2006, e a súa tarefa consiste en ofrecer tanto asesoramento técnico como a xestión de axudas para actuar na área de rehabilitación do casco antigo e o barrio de San Lázaro. Con esta iniciativa preténdese dinamizar a zona antiga mediante intervencións que respecten o legado do pasado cuns criterios que procuren satisfacer os parámetros de habitabilidade de hoxe, mediante intervencións sostibles e actuacións de inclusión social que permitan o asentamento da poboación e potencien o acceso ás vivendas doutros sectores.