Mañá Xornada de Portas Abertas na Ruta do Viño de Monterrei Imprimir
Venres, 25 Maio 2012 13:55

Mañá día 26 a Ruta do Viño Monterrei en colaboración con Turgalicia e a Oficina de información turística do Concello de Verín organizará unha Xornada de Portas Abertas na que participasen 11 adegas, que ofrecerán unha visita guiada acompañada dunha degustación de viño de Monterrei totalmente gratuíta.

Tamén participarán nesta xornada 4 restaurantes que ofrecerán un menú especial de dous pratos e sobremesa regados con viños da denominación de orixe Monterrei cun prezo final de 25 euros, existindo tamén uns menús infantís para nenos menores de 12 anos que acompañen aos adultos por un prezo de 10 euros. As adegas participantes na iniciativa son:  Abeledos, Boo-Rivero, Chicheno, Crego e Monaguillo, Gargalo, Ladairo, Pazo de Valdeconde, Tapias-Mariñán, Vía Arxéntea, Vinos Lara e Quinta do Buble, mentres que os restaurantes son Gallego, Lugano, Brasil e Mesón O Candil.

Enmarcada nesta xornada, os establecementos hoteleiros “O Retiro Do Conde”, a “Casa Rural A Cortiña” e o “Parador de Verín” colaborarán con descontos do 10% na primeira noite e un 15% na segunda, sendo valida esta promoción do día 25 ao 27 de maio.

A Ruta do Vino Monterrei encóntrase situada no sueste da provincia de Ourense, lindando coa fronteira de Portugal. Os seus viñedos aparecen estructurados en dúas subzonas perfectamente delimitadas pola súa orografía: o val de Monterrei e a aba de Monterrei. Nesta bisbarra encontraremos adegas que coroan espectaculares miradoiros na montaña e outras aos pés do val. Terra limítrofe con Portugal, na que a historia fronteiriza nos deixa como legado a impresionante fortaleza de Monterrei.