Verín programa a sexta edición da Xornada de Deporte e Saúde Imprimir
Venres, 01 Xuño 2012 12:50

Na xornada de mañá, o complexo deportivo de A Granxa acollerá a sexta edición da Xornada de Deporte e saúde organizada polo Concello de Verín, co obxecto de promover o benestar e a saúde a través dunha alimentación saudable e a práctica de actividade física regular. Esta iniciativa, na que tamén colaboran Municipio de Chaves, Eurocidade Chaves-Verín, Cabreiroá, Saudeter e HortoVerín, terá lugar de 9.30 a 20.30 horas.

As actividades deportivas previstas para esta xornada son as seguintes:

- 3º Torneo Internacional Fútbol 7 (de 9.30 a 20.30 horas)
Nas categorías de benxamín (nados/as no 2002 e 2003) e prebenxamín (nados/as no 2004). Na categoría de benxamín participan EDC Verín Benxamín A, EDC Verín Benxamín B, Redondela, Club Desportivo Chaves, Escolas do Benfica, ED Puebla de Sanabria, Velle C.F. e E.D. Xinzo de Limia; mentres que na de prebenxamín compiten  EDC Verín, CD Ourenese, Pabellón CF, CD Barbadás, EDC Celanova e CD Santa Teresita).
As finais do torneo serán ás 18.30 horas (benxamín) e 19.30 horas (prebenxamín), e nos descansos de ambos partidos terá lugar unha exhibición de baile das EDM do Concello de Verín.

- Encontro Internacional Tenis (de 9.30 a 20.30 horas)
Partidos entre a Escola de Tenis do EDC Verín e a Escola de Tenis de Vila Real, nas categorías alevín e  infantil.

- Torneo de Fútbol-Sala (de 9.30 a 20.30 horas)
Nas categorías de infantil (nados/as no 1998 e 1999) e benxamín (nados/as no 2002 e 2003). Na categoría de infantil participan EDC Verín, EM Celanova, AD Flaviense, Troula de Vigo e Barval de     O Barco de Valdeorras. E nas de benxamín compiten Pavillón Ourense, Troula de Vigo, EDC  Verín A, EDC Verín B y Flaviense.

- VI Encontro Deporte e Saúde (18 horas)
Iniciativa programada para asociacións rurais e de mulleres da provincia de Ourense, que desenvolven durante o ano actividades deportivas saudables, socios e alumnos de cursos de instalacións deportivas e centros sociais, e integrantes de colectivos participantes en actividades específicas como baile,  tai chi, pilates ou ioga.
Realización de actividades como aerobic, zumba, ioga, pilates, streching ou roda merengón a cargo dos diferentes especialistas de Saudeter (IV premio Agader 2010).
Actuacións de alumnos/as das Escolas Saudeter nas disciplinas de acrosport, urban dance o baile latino.