Torneos de Fútbol, Tenis e Fútbol Sala na VI Xornada de Deporte e Saúde Imprimir
Luns, 04 Xuño 2012 13:34

Durante o pasado sábado 1 de xuño, o Concello de Verín organizou a sexta edición da Xornada de Deporte e Saúde, co obxecto de promover o benestar e a saúde a través dunha alimentación saudable e a práctica de actividade física regular. Esta iniciativa, na que tamén colaboraron Municipio de Chaves, Eurocidade Chaves-Verín, Cabreiroá, Saudeter e HortoVerín, tivo lugar no complexo deportivo A Granxa.


Os resultados obtidos nas diferentes actividades deportivas desenvolvidas durante a mesma foron os seguintes:

- 3º Torneo Internacional Fútbol 7

Na categoría de benxamín (nados/as no 2002 e 2003) participaron EDC Verín Benxamín A, EDC Verín Benxamín B, Redondela, Club Desportivo Chaves, Escolas do Benfica, CDI Puebla de Sanabria, Velle C.F. e E.D. Xinzo de Limia. Os catro primeiros postos desta categoría foron: CD Chaves (1º), EDC Verín Benxamín A (2º), EDC Verín Benxamín B (3º) e CDI Puebla de Sanabria (4º). O mellor xogador foi Pablo Pousada do EDC Verín Benxamín A e o mellor porteiro Christian Núñez do EDC Verín Benxamín B.
Na categoría de prebenxamín competiron EDC Verín, CD Ourense, Pabellón CF, CD Barbadás, EDC Celanova e CD Santa Teresita. Os catro primeiros postos desta categoría foron: EDC Verín (1º), Pabellón CF (2º), EDC Celanova (3º) e CD Santa Teresita (4º). O mellor xogador foi David López Jamardo do EDC Verín e o mellor porteiro Borja Fernández tamén do EDC Verín.

- Encontro Internacional Tenis
Participaron a Escola de Tenis do EDC Verín, Escola de Tenis de Vila Real e EM Xinzo de Limia. O primeiro posto na categoría masculina foi para Esteban Caramés (EM Xinzo de Limia) e o segundo para Álvaro Ferreira (EDC Verín). Na categoría feminina o primeiro posto recaeu en Ana Regueiro (EDC Verín) e o segundo en Ana Torres (EDC Verín).

- Torneo de Fútbol-Sala

Na categoría de benxamín (nados/as no 2002 e 2003) participaron EDC Verín, EM Celanova, AD Flaviense, Troula FS, Pavillón Ourense e Barval de O Barco de Valdeorras. Os dous primeiros postos da categoría benxamín foron: Troula FS (1º), EDC Verín (2º) e o trofeo de mellor porteiro e xogador recau no equipo Troula FS.
Na de alevín (nados/as no 2000 e 2001) participaron EDC Verín, EM Celanova, AD Flaviense, Troula FS e Barval de O Barco de Valdeorras; e os vencedores foron EDC Verín A (1º), Troula FS (2º) e o trofeo de mellor porteiro e xogador recau no equipo EDC Verín A.
Na categoría de infantil (nados/as no 1998 e 1999), participaron EDC Verín, EM Celanova, AD Flaviense, Troula FS e Barval de O Barco de Valdeorras; e o os dous primeiros postos da categoría  foron para: EDC Verín (1º), Troula (2º) e o trofeo de mellor porteiro e xogador recau no equipo Troula FS.