'Festa Pirata' na Biblioteca de Verín Imprimir
Xoves, 21 Xuño 2012 13:22

Mañá venres, de 17.30 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Festa Pirata’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.

A mesma está destinada aos/ás nenos/as que participaron de modo activo e regular en todas as actividades lúdico-culturais organizada por esta instalación municipal ao longo do curso escolar 2011-2012. Os/As menores participantes, que recibiron unha invitación particular no seu domicilio, teñen idades comprendidas entre os 3 e 10 anos e son socios/as da Biblioteca de Verín.

A iniciativa 'Festa Pirata' está conformada por dez probas, consistentes en manualidades, xogos e contos didácticos, coordinados por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.

Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca http://av.centromultimedia.net/microsite/verin/biblioteca/galego/index.htm, como no perfil da mesma en Facebook http://www.facebook.com/pages/Biblioteca-Publica-Municipal-de-Verin/104133986331021?v=wall