O Concello de Verín e o Centro de Transfusión de Galicia impulsan a participación dos veciños e veciñas na doazón de sangue Imprimir
Luns, 02 Xullo 2012 11:35

O  Concello de Verín e o Centro de  Transfusión de Galicia (CTG), impulsan unha iniciativa que ten como obxectivo promover a participación dos veciños e veciñas nas campañas de doazón de sangue, e deste xeito garanti-lo correcto desenvolvemento do labor asistencial nos centros sanitarios galegos, que van a precisar ó redor de 40.000 doazóns de sangue nos meses de verán para cubrir todas as necesidades.


As  persoas  que  desexen  participar  poden  acudir  á  unidade  móbil  do  CTG  a:

Unidade móbil na praza García Barbón


Xoves 5 e Venres 6 de xullo
De 16.30 ás 21.00 horas
Sábado 7 de xullo
De 10.30 ás 14.30  horas

Mediante  esta  iniciativa, que se está a desenvolver este verán preténdese  mellorar a  información  sobre este acto altruísta, para que a participación solidaria dos veciños de Verín chegue aos nosos hospitais co obxectivo de compartir a nosa saúde e salvar vidas. O  Concello  de  Verín e o  Centro de Transfusión de Galicia,  amosan  o  seu  agradecemento  a   todos os veciños que  participan  cada  ano  nas  campañas  de  doazón  de  sangue  e  permiten  deste  xeito  que  moitos  enfermos  recuperen  a  súa  saúde. O  pasado  ano  2011  houbo  717 doazóns  no  noso  Concello,  e necesario incrementar a participación para continuar sendo uns dos concellos mais solidarios de Galicia.