Obradoiro de Hip-Hop na Biblioteca de Verín Imprimir
Xoves, 05 Xullo 2012 11:24

Do 23 de xullo ao 03 de agosto, a Biblioteca Pública Municipal e a Aula CeMIT de Verín organizan un obradoiro gratuíto de Hip-Hop, destinado a 12 mozos/as da localidade e socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 10 e 16 anos.

Devandito obradoiro terá lugar na aula multimedia do Concello de Verín, de 12 a 13 horas, e estará impartido por Arístides Losada Veiga, un mozo de 16 anos e voluntario da Biblioteca verinense durante os últimos cursos. No mesmo amosarase a definición de Hip-Hop, o seu significado (ritmo e poesía), orixe, desenvolvemento, actualidade e tendencia futura; así como valores e gravación das rimas (descarga da base musical, programa de gravación, retoque e montaxe).

Para participar neste obradoiro é necesario inscribirse nas instalacións da propia biblioteca ou no teléfono 988-414776, a partir do luns 9 de xullo. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca http://av.centromultimedia.net/microsite/verin/biblioteca/galego/index.htm, como no perfil da mesma en Facebook http://www.facebook.com/pages/Biblioteca-Publica-Municipal-de-Verin/104133986331021?v=wall