‘Sin Nombre’ e ‘Los Campeones’ acadan os primeiros postos do IV Campionato de Fútbol 3 x 3 Imprimir
Venres, 10 Agosto 2012 13:34

Os equipos ‘Sin Nombre’ e ‘Los Campeones’ acadaron os primeiros postos nas súas respectivas categorías, alevín e benxamín, na cuarta edición do Campionato de Fútbol 3 x 3, organizado pola área de Mocidade, Deporte e Festexos do Concello de Verín.



Na categoría de alevín os seguintes clasificados foron ‘Tokaitos’ (2º), ‘Ívori’ (3º) e ‘Los Verditos’ (4º); mentres que na de benxamín os restantes foron: ‘ Os Olímpicos’ (2º), ‘Canasta’ (3º) e ‘Leóns de Verín’ (4º).

Este torneo, no que participaron oito equipos, celebrouse na praza García Barbón de Verín do 07 ao 09 de agosto. Esta iniciativa, realizada baixo o lema ‘Deporte na Rúa’, estivo conformada por dúas categorías: alevín (nados/as entre 2000 e 2001) e benxamín nados/as desde o 2002 e 2003).