Excursión ao Aquapark de Cerceda Imprimir
Venres, 17 Agosto 2012 15:07

O Servizo Municipal de Deportes organiza para o próximo 23 de agosto unha excursión ao Aquapark de Cerceda, destinada a trinta menores do municipio, con idades comprendidas entre os sete e doce anos.


A saída terá lugar ás 9 horas dende o Pavillón Municipal de Deportes de Verín, e durante a xornada os/as nenos/as participantes gozarán da oferta de lecer do Aquapark de Cerceda, que inclúe unha ducia de piscinas, tobogáns de medio e longo percorrido ou atraccións secas. A chegada a Verín será ás 23 horas, tamén diante do pavillón deportivo, e os interesados/as deben inscribirse antes do mércores 22 de agosto, ás 14 horas, na oficina mesmo (R/ Irmáns Moreno s/n).

O horario de inscrición é de luns a venres, de 10 a 13.30 e de 17 a 21 horas, e o prezo da excursión é de 20 euros para os/as eurocidadáns/nas e de 25 para os non eurocidadáns/nas.