4º Torneo de Tenis do Concello de Verín Imprimir
Mércores, 22 Agosto 2012 12:45

A área de Mocidade e Deportes do Concello de Verín organiza do 28 ao 31 de agosto a cuarta edición do ‘Torneo de Tenis do Concello de Verín’, no complexo deportivo de A Granxa.

Esta nova edición está destinada as categorías de benxamín (nados/as en 2001 e 2002), alevín (1999 e 2000), infantil (1997 e 1998), cadete (1995 e 1996), xunior (1993 e 1994) e senior sub-21 (1991 e 1992). A data de inscrición para participar neste torneo é do 22 ao 27 de agosto, e os requisitos necesarios para formalizar a mesma son: cubrir unha folla de inscrición e entregar o resgardo do ingreso bancario nas instalacións do Pavillón Municipal de Deportes de Verín.   

O horario de inscrición é de luns a venres, de 10 a 14 e de 17 a 20 horas, e o prezo é de 3 euros para os/as eurocidadáns/nas e de 5 para os non eurocidadáns/nas.