A concelleira de Cultura de Verín entrega os diplomas aos voluntarios da Bibliopiscina Imprimir
Venres, 31 Agosto 2012 13:26

O salón de plenos do Concello de Verín acolleu esta mañá a entrega de diplomas aos/ás voluntarios/as da Bibliopiscina, realizada por María Corona Meixeira Romasanta, concelleira de Cultura e Igualdade, e á que asistiron os doce rapaces/zas participantes nesta iniciativa lúdico-cultura.

Durante o acto, agradeceuselle a súa labor de voluntariado neste servizo, realizado nas piscinas descubertas de A Granxa durante os meses de verán, e déuselles un diploma acreditativo a cada un dos/as mozos/as; que tamén compartirán esta noite unha cea de conviencia, xunto cos/as titores/as, nas propias instalacións da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín.

A Bibliopiscina, organizada por cuarto ano consecutivo pola Biblioteca Pública Municipal de Verín en colaboración coa Eurocidade Chaves-Verín, tivo como obxectivo estender os servizos bibliotecarios aos/ás usuarios/as desta instalación deportiva, potenciar a lectura e atraer á biblioteca a un público que non é usuario habitual, incluíndo a realización de actividades lúdico-culturais, fóra do curso escolar. Este servizo, que estivo aberto un total de 198 horas e formalizou máis de 2.200 préstamos,  ofertou un fondo de máis de 200 volumes en tres idiomas: galego, castelán e portugués -conformado por libros, cómics e revistas, co obxecto de dar servizo a todos/as os/as lectores/as da Eurocidade Chaves-Verín-, así como diferentes xogos de mesa.