Máis de 200 menores visitan a exposición itinerante ‘Galicia, biodiversidade’ Imprimir
Venres, 31 Agosto 2012 13:28

Durante esta última semana, un total de 220 nenos/as visitaron a exposición itinerante 'Galicia, biodiversidade', promovida pola Xunta de Galicia e a Obra Social 'La Caixa'.

Devandita mostra, situada no Centro de Interpretación de Verín, permitiu aos/ás menores de diferentes iniciativas municipais, como Verán Deportivo ou a Ludoteca de Verán , coñecer a diversidade de especies animais e vexetais que se poden atopar en Galicia, os ecosistemas que habitan e as múltiples formas de ameaza que poden afectar as súas poboacións.

Esta exposición gratuíta contou coa presenza dun educador ambiental que impartiu aos /ás asistentes, a importancia e o coidado do entorno, a través de obradoiros, actividades de dinamización e materiais expositivos. Uns paneis que recollen as principais especies galegas de flora e fauna, as súas características, os factores que poñen en perigo a súa supervivencia e as ferramentas que existen hoxe en día para a súa protección; así como a importancia que ten a conservación das variedades xenéticas para a actividade humana, e o incentivar a conciencia sobre a importancia da conservación da biodiversidade próxima e fomentar comportamentos positivos destinados á conservación das especies e dos seus hábitats.