Novos cursos de informática na Aula CeMIT de Verín Imprimir
Xoves, 20 Setembro 2012 11:53

A aula Multimedia do Concello de Verín programa dous novos cursos de informática para o mes de outubro, que terán lugar na Aula CeMIT da Casa da Xuventude de Verín.


Os cursos son de 'Usos de redes sociais (Facebook)' e 'Alfabetización Dixital'. No primeiro deles impartiranse aspectos como: Que é unha rede social?, tipos de redes sociais, seguridade, redes máis populares, e creación e manexo dunha contra nunha rede social. Os requisitos para participar no mesmo son utilización básica dun ordenador, dispor dunha conta de correo electrónico que se poida consultar vía web e nocións básicas de navegación por internet. Mentres que no segundo, as materias a amosar son identificación dos servizos electrónicos que ofrece internet, localización de páxinas de interese sobre temáticas concretas a través da utilización de motores de busca, e emprego dos recursos dispoñibles en internet para comunicarse con outras persoas (mensaxería instantánea e videoconferencia, telefonía IP, correo electrónico); e para asistir a este curso é necesario posuír coñecementos mínimos do PC.

Estes cursos terán unha duración de aproximadamente catro semanas, en horario de mañá (10 a 11.30 horas), ou tarde (17 a 18.30 e de 18.30 a 20 horas). Ademais o 15 de outubro comezarán os cursos en horario especial para persoas traballadoras, de 20 a 21 horas (martes e xoves).

Dende o comezo das actividades da Aula CeMIT, no mes de maio do ano 2011, impartíronse un total de 60 cursos, tanto de alfabetización dixital ( alfabetización dixital básica, ocio e internet, operacións a través de internet ou ofimática, entre outros) como de mellora continua dos usuarios (capacitación especializada), así mesmo o total de usuarios/as rexistrados en cursos neste momento é de 150.

Para máis información e inscrición dirixirse a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín, situada na Avenida de Portugal, nº 11, no teléfono 988-414776 ou no mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo