A Oficina de Extensión Agraria de Verín abrirá os dous últimos sábados de setembro Imprimir
Venres, 21 Setembro 2012 11:09

Co obxecto de facilitar a labor dos viticultores da comarca de Monterrei, que necesitan unha guía para o transporte de uvas a máis de sesenta quilómetros, a Oficina de Extensión Agraria de Verín abrirá os dous últimos sábados do mes de setembro. Esta oficina, situada na praza da Alameda de Verín, estará aberta os días 22 e 29 de setembro, de 9 a 14 horas.