Catro novos cursos de informática na Aula CeMIT de Verín Imprimir
Martes, 16 Outubro 2012 12:17

A aula Multimedia do Concello de Verín programa catro novos cursos de informática para o mes de novembro, que terán lugar na Aula CeMIT da Casa da Xuventude de Verín.

Os cursos son tres de 'Iniciación á informática e internet' (manexo básico do ordenador) e outro de 'Nivel intermedio' (utilización dos paquetes de OpenOffice e Microsoft Office), que terán en horario de tarde e para os que xa non hai prazas dispoñibles.

Con todo durante este mes de outubro, a Aula CeMIT está a realizar oito curso, catro de 'Iniciación á informática e internet', tres de 'Correo electrónico e outras temáticas' (identificación dos servizos electrónicos que ofrece internet, localización de páxinas de interese sobre temáticas concretas a través da utilización de motores de busca, e emprego dos recursos dispoñibles en internet para comunicarse con outras persoas´) e un de 'Usos de redes sociais (tipos de redes sociais, seguridade, redes máis populares, e creación e manexo dunha contra nunha rede social). Devanditos cursos, nos que participan un total de 78 persoas, teñen unha duración de catro semanas e se imparten tanto en horario de mañá (10 a 11.30 horas), ou tarde (16 a 21 horas), no que se inclúe un horario especial para persoas traballadoras.

Dende o comezo das actividades da Aula CeMIT, no mes de maio do ano 2011, impartíronse un total de 74 cursos, tanto de alfabetización dixital ( alfabetización dixital básica, ocio e internet, operacións a través de internet ou ofimática, entre outros) como de mellora continua dos usuarios (capacitación especializada), sumando un total de 707 participantes.

Para máis información dirixirse a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín, situada na Avenida de Portugal, nº 11, no teléfono 988-414776 ou no mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo