'Contos de Outono' na Biblioteca de Verín Imprimir
Luns, 12 Novembro 2012 10:41

O vindeiro venres 16 de novembro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa 'Contos de Outono', no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.

A mesma está destinada a un máximo de 25 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos sobre outono, así como manualidades da mesma temática: un centro de mesa adornado con froitos desta época do ano. A actividade será  coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.

Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca http://av.centromultimedia.net/microsite/verin/biblioteca/galego/index.htm, como no perfil da mesma en Facebook http://www.facebook.com/pages/Biblioteca-Publica-Municipal-de-Verin/104133986331021?=wall