Obradoiro 'Defensa persoal para mulleres' en Verín Imprimir
Martes, 20 Novembro 2012 14:28

Coincidindo coa conmemoración do Día Internacional contra a violencia de xénero, a área de Deportes do Concello de Verín e Cruz Vermella Monterrei programan a realización do obradoiro 'Defensa persoal para mulleres'.

O mesmo terá lugar o domingo 25 de novembro, de 10 a 12 horas, e será impartido nas instalacións da Piscina Climatizada de Verín. Os obxectivos deste obradoiro son: motivar o posicionamento activo contra a violencia de xénero, aportar ferramentas de comportamento psicolóxico e físico ante unha agresión ou unha situación indesexada, e mellorar a seguridade e confianza nun mesmo, aproveitando ao máximo as nosas capacidade individuais.

Para participar no obradoiro 'Defensa persoal para mulleres', cun máximo de 35 prazas, é necesario inscribirse na oficina de Cruz Vermella en Verín (Praza García Barbón ou no teléfono 988-410978).