Festa dos Maios 2009 Imprimir
Luns, 27 Abril 2009 08:53
Na década dos cincuenta do pasado século, Enrique Gómez Pato percorría as rúas de Verín con efémeras esculturas de madeira recubertas de musgo e plantas silvestres. O carón dos maios ou agochado no seu interior, el e os seus acompañantes cantaban e espallaban unhas coplas que a  veciñanza agardaba pola súa creatividade crítica. En lembranza deste home que lle deu un novo pulo a esta manifestación da nosa cultura popular e para  promover a creación de maios entre as asociacións, institucións e centros de ensino, o Concello de Verín organiza unha concentración de maios artísticos, tradicionais e humanos, con divulgación de coplas cantables.
 
 
Concentración de Maios Enrique Gómez Pato. Festa dos Maios 2009