Teatro ‘Sancho, gobernador da Ínsula Barataria’ Imprimir
Mércores, 29 Abril 2009 10:18
A Casa da Cultura de Verín acollerá mañá 30 de abril, a partir das 20.30 horas, a representación gratuíta da obra de teatro ‘Sancho, gobernador da Ínsula Barataria’, do grupo La Caja de Pandora, co apoio do Concello de Verín.

Este grupo de teatro amateur, formado en Verín en outubro de 2008, realiza a súa presentación pública coa estrea de ‘Sancho, gobernador da Ínsula Barataria’, unha obra creación da súa directora, María del Carmen Varela Sánchez, inspirada no Quixote, de Miguel de Cervantes Saavedra.