Óleos, de Leonardo Imprimir
Martes, 05 Maio 2009 11:14
Desde o 6 ao 19 de maio, a Casa do Escudo de Verín acolle a exposición Óleos de Leonardo, do pintor Leonardo Vidal Rodríguez.

A mostra reúne 31 óleos sobre lenzo con paisaxes, bodegóns e interiores como temática principal, nos que o autor busca captar as luces propias de cada momento e  recuncho espacial.

Este pintor autodidacta, colaborador en revistas e publicacións en xeral, participou en numerosas exposicións, individuais ou colectivas, organizadas en diferentes cidades como Madrid, Barcelona, Bilbao, Granada, Chicago (EE.UU) ou Caracas (Venezuela).

A exposición poderase visitar de luns a sábado, das 10 ás 14 horas e das 16.30 ás 20.30 horas.